94ª edición dos Óscar
A 94ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes estreados entre o 1 de marzo e 31 de decembro de 2021. A cermimonia tivo lugar no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, California o 27 de marzo de 2022.[1][2] A cerimonia estivo presentada por Regina Hall, Amy Schumer e Wanda Sykes. Foi a primeira cerimonia dende a 83ª edición dos Óscar en 2011 en ter varios presentadores.[3] CODA gañou o Óscar ó mellor filme, mentres que Dune foi o filme que obtivo máis premios. Segundo os comentaristas, os premios foron "eclipsados"[4][5][6] por un incidente no que Will Smith lle deu unha labazada a Chris Rock no escenario por unha referencia á alopecia da súa esposa Jada Pinkett Smith.[7]
Gañadores e nomeados
[editar | editar a fonte]Os nomeados da 94ª edición dos Óscar foron anunciados o 8 de febreiro de 2022, polos actores Tracee Ellis Ross e Leslie Jordan.[8]
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.
Premios de honra
[editar | editar a fonte]O 24 de xuño de 2021, a Academia anunciou os gañadores dos premios de honra, que en principio terían que ser entregados nunha cerimonia o 15 de xaneiro de 2022. Porén, a cerimonia foi posposta debido a situación da pandemia de COVID-19 por mor da variante ómicron.[9][10] Os galardoados foron:[11]
- Samuel L. Jackson: "unha icona cultural cun traballo dinámico que ten repercusión en xéneros, xeracións e públicos de todo o mundo".[12]
- Elaine May: "polo seu enfoque atrevido e inflexible co cine, como guionista, directora e actriz".[12]
- Liv Ullmann: "a valentía e a transparencia emocional de Ullman proporcionaron ao público representacións en pantalla que afectan fondamente".[12]
Premio Humanitario Jean Hersholt
[editar | editar a fonte]- Danny Glover: "as súas décadas de defensa da xustiza e dos dereitos humanos reflicten a súa dedicación en recoñecer a nosa humanidade compartida dentro e fóra da pantalla".[12]
Predecesor: 93ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 94ª edición dos Óscar |
Sucesor: 95ª edición dos Óscar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Film and TV Projects Going Into Production - 94th Annual Academy Awards". Variety Insight. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021.
- ↑ "THE ACADEMY AND ABC SET MARCH 27, 2022 AS NEW SHOW DATE FOR 94TH OSCARS®". Oscars.org | Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 2021-05-26. Consultado o 2021-06-12.
- ↑ Keegan, Rebecca (11 de xaneiro de 2022). "Oscars: 2022 Ceremony to Feature a Multi-Emcee Palooza". The Hollywood Reporter. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "‘CODA’ notches historic win at Oscars, upstaged by Will Smith’s shocking slap of Chris Rock". Washington Post (en inglés). 27 de marzo de 2022.
- ↑ "2022 Oscars Review: Will Smith Shatters the Disney-Ad Tedium". Time (en inglés). Consultado o 28 March 2022.
- ↑ Fischer, Sara (28 de marzo de 2022). "Will Smith slaps Chris Rock before emotional acceptance speech". Axios (en inglés).
- ↑ Mcgurty, Frank; Trotta, Daniel (28 de marzo de 2022). "Will Smith smacks Chris Rock on stage, then wins an Oscar". Reuters (en inglés).
- ↑ 94th Oscars Nominations Show|Announced by Leslie Jordan and Tracee Ellis Ross - Oscars on YouTube
- ↑ Nordyke, Kimberly (5 de xaneiro de 2022). "Grammy Awards Postponed Amid Omicron Surge". The Hollywood Reporter. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Hammond, Pete (22 de decembro de 2021). "Motion Picture Academy Postpones January’s Governors Awards; No New Date Yet". Deadline. Consultado o 14 de xaneiro de, 2021.
- ↑ "Oscars to honor Elaine May, Danny Glover, Samuel L. Jackson". ABC News. Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Hammond, Pete (24 de xuño de 2021). "Oscars: Academy To Honor Danny Glover, Samuel L. Jackson, Elaine May & Liv Ullmann At 2022 Governors Awards". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021.